Amosando publicacións coa etiqueta Inglés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inglés. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

Tony's Birthday (3º - 4º EP)

Good morning!

Mañá é o cumpreanos de Tony. Sarah e Paul estanlle preparando una festa sorpresa. Podes axudarlles?

Con este xogo poderedes repasar o vocabulario relacionado co cumpreanos (decoracións, regalos,...).

Moita sorte!


martes, 16 de xuño de 2020

Welcome to Eduland


Good morning!

Hoxe presentámosvos a Eduland, un xogo no que poderedes repasar vocabulario relacionado co colexio, o parque e a casa.

Unha vez seleccionado o tema que queredes repasar teredes cinco categorías:      

WATCH & LISTEN: Aquí veredes o vocabulario, a súa pronunciación e a súa asociación cunha imaxe.

PLAY: Aquí xogaredes ao "ahorcado". Deberedes escribir as letras que forman esa palabra.

WRITE: Aquí deberedes escribir as palabras correspondentes ás imaxes.

GO INSIDE: permite entrar en outras seccións con vocabulario novo.   

WORDS: aquí escoitaredes palabras e deberedes escribilas.

Moita sorte!


venres, 12 de xuño de 2020

Quen quere ser millonario? 3º - 4º EP

Bo día!

Para rematar a semana traémosvos este xogo creado polas profes @miriam_eslteacher e @seno_cristi que serve como repaso dos contidos dados tanto en 3º como en 4º de Educación Primaria.

Sodes capaces de chegar ao final sen fallar unha soa resposta? Recordade que tedes 3 comodíns, a chamada, axuda do público e o 50/50 (quedar só con dúas respostas posibles).

Moita sorte!


martes, 9 de xuño de 2020

Dominó en inglés

Bo día!

Hoxe toca repasar un pouco inglés. Para facelo, traémosvos este xogo de mesa interactivo e online.

É o xogo clásico do dominó que combina imaxes con palabras en inglés. Para xogar só hai que unir as pezas de maneira que queden consecutivas, é dicir, que a palabra e a imaxe correspondente estén unha ao lado da outra.

Moita sorte!


xoves, 4 de xuño de 2020

Analogue and digital clock

Good morning!

Hoxe traémosvos unha actividade para aprender e repasar as horas en inglés!

Con este xogo poderedes escoller que tipo de reloxo queredes empregar (dixital ou analóxico) para aprender as horas en inglés.

Moita sorte!


martes, 2 de xuño de 2020

Fish in the Bucket

Good morning!

English time!!

Hoxe traémosvos un xogo de pesca dos días da semana, meses do ano e estacións do ano en inglés!

Para xogar deberedes arrastrar os peixes que aparecen na piscina nos cubos do lado na orde correcta para completar a lista que aparece na táboa inferior. Cada vez que coloquedes un peixe no cubo correcto, gañaderes un punto. Pero tedes que ser rápidos! Só teredes 45 segundos para completar a tarefa!

Cantos puntos sodes capaces de conseguir?

Moita sorte!


xoves, 28 de maio de 2020

Shopping list!

Good morning!

Hoxe toca falar da lista da compra!

Sodes capaces de memorizar a lista da compra cando acompañades a mamá e a papá ao super? Parece complicado non deixarse nada... Por este motivo hoxe traémosvos este xogo para practicar a memorizar a lista da compra pero esta vez en inglés.

Para xogar, deberedes mirar durante uns segundos a lista de artículos que tedes que comprar no supermercado para memorizalos antes de comezar a compra.

Unha vez esteades dentro do supermercado, terás que acordarte qué cousas tiñas que mercar e as características dos mesmos (a cor, número de unidades, ..). 

Estades preparados para poñer a proba a vosa memoria?

Good luck!

https://www.cokitos.com/memorizar-la-lista-de-la-compra/play/

martes, 26 de maio de 2020

Numbers Bingo!

Good morning!

Hoxe voltamos ao inglés.

Como xa sabedes, aprender os números en inglés é moi importante, por eso traémosvos este bingo de números en inglés. 

Para xogar deberedes escoller o tamaño do cartón do bingo, dependendo da cantidade de opcións que queirades. Unha vez seleccionado, comeza o xogo. Unha voz diravos un número e vós deberedes  facer clic sobre el para marcalo.

Good luck!

https://www.cokitos.com/bingo-para-ninos/play/

martes, 19 de maio de 2020

Fast Phrases

Good morning!

Voltamos ao inglés! Hoxe traémosvos un xogo básico de formación de oracións para aprender inglés. Para xogar basta con mirar a imaxe e facer clic nas opcións para formar unha frase coincidente co significado da mesma.

Hai varias categorías para practicar diferentes contidos da lingua estranxeira como son: 

https://www.gamestolearnenglish.com/fast-phrases/

Unha vez seleccionado o contido, comezará o xogo.

Moita sorte!

https://www.gamestolearnenglish.com/fast-phrases/

martes, 12 de maio de 2020

Crucigramas

Good morning!

How are you? Hoxe volvemos a cambiar de idioma para traervos crucigramas para repasar o vocabulario en inglés. Nesta páxina tedes dispoñibles máis de 30 crucigramas diferentes clasificados por temáticas como o tempo, formas, números, animais e comida entre outras:

https://www.eslgamesplus.com/interactive-crossword-puzzles/

xoves, 30 de abril de 2020

Steve and Maggie

Good morning!

Como vedes, seguimos cambiando de idioma! Hoxe traémosvos unha canle de youtube na que poderedes ver distintas historias e cancións en inglés. 

Aprender unha nova lingua non é só estudar o vocabulario e a gramática, senón incorporala a outras partes da nosa vida cotiá. Por este motivo presentámosvos este recurso que vos poderá axudar a aprender inglés dunha maneira divertida e diferente. 
 
Esperamos que vos guste!

https://www.youtube.com/channel/UCx1xhxQyzR4TT6PmXO0khbQ/featured


mércores, 29 de abril de 2020

What time is it?

Good morning!
Cambiamos de idioma! Hoxe traémosvos un xogo para revisar as horas en inglés.
Para xogar deberedes parar o reloxo xusto na hora que se vos di. Estade atentos e moita sorte!

https://teachingtime.co.uk/clock2/clockwordsres.html

Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...