Blog de recursos educativos, recomendacións e información.
Amosando publicacións coa etiqueta xogo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogo b>. Amosar todas as publicacións
venres, 24 de abril de 2020
Patios inclusivos
O proxecto de patios inclusivos continúa! Estamos desexando volver para poñelos en práctica. A que te gustaría xogar?
Déixao en comentarios!
xoves, 16 de abril de 2020
Apps Educativas
💻📲 APPs educativas 📲💻
Para facer este confinamento o máis ameno posible onde a hora de estudar non sexa unha tarefa árdua, aquí vos deixamos un pdf con máis APPs que seguro vos fan ese momento máis divertido. Nelas podedes traballar diferentes áreas como: atención, memoria, lectura, escritura, números, emocións, orientación espacial e temporal, etc.
Agardamos que vos gusten! 😃
Preme aquí para descargar!
luns, 13 de abril de 2020
Estimulación da linguaxe
Bo día!
Neste apartado, faremos diversas propostas para potenciar a expresión oral e comprensión da linguaxe. 👄💭💬
A continuación deixámosvos unha serie de xogos para favorecer estes aspectos de forma lúdica na casa segundo a etapa educativa:
Neste apartado, faremos diversas propostas para potenciar a expresión oral e comprensión da linguaxe. 👄💭💬
A continuación deixámosvos unha serie de xogos para favorecer estes aspectos de forma lúdica na casa segundo a etapa educativa:
- EDUCACIÓN INFANTIL:
2. Cambiamos a voz? O obxectivo principal deste xogo é traballar a expresión oral a través do cambio de voz con diferentes personaxes, aínda que tamén é un bo motivador para a lectura. Ademais, podemos facer diferentes xogos como adiviñar películas, contar historias, describir imaxes ou adiviñar que personaxe estou imitando. Descargade o xogo aquí.
3. Contamos contos. Estratexias para traballar a expresión oral a través dos contos empregando conectores e apoios visuais. Preme aquí.
- 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
2. Descricións. Material composto de 40 tarxetas con pictogramas de obxectos diferentes, acompañadas de 3 preguntas: "Que é?", "Para que serve?" e "Como se emprega?". Ademais de poñer en práctica a expresión e comprensión oral, tamén poderemos traballar o léxico e a súa categorización. Preme aquí.
3. Dados para contar historias. Dados para crear as nosas historias. Na rede hai moitos recursos deste tipo, pero aquí vos deixamos un exemplo para crear os vosos. Tírase o dado por quendas e xuntos inventamos unha historia incrible. Descarga o recurso aquí.
- 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
2. Quen é quen? Adaptación do clásico xogo, con taboleiros diferentes e máis divertidos. Preme aquí.
3. Que pensas? Tarxetas con descricións, gustos, emocións, preferencias e opinións dunha forma lúdica. Consegue o recurso aquí.
- 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
2. Tarxetas de habilidades sociais. Consiste nunha serie de tarxetas que presentarán diferentes situacións para responder á pregunta: Que temos que facer? Descarga aquí.
3. Mímica. Os xogos de mímica son para todas as idades. Aquí tedes algunhas propostas para xogar co corpo e as palabras. Preme aquí.
A DIVERTIRSE! 😊
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.
Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...
-
Bo día! Xa está rematando a primeira semañana de xuño e xa queda pouco para rematar o curso! Hoxe traémosvos un labirinto das táboas de mult...
-
📲💻 Sílabas trabadas 💻 📲 Aquí vos deixamos, para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, que aínda non teña ben af...
-
Bo día! Hoxe toca repasar as matemáticas. Para facelo, traémosvos uns xogos cos que poderedes repasar todos os contidos de todos os cursos d...