Amosando publicacións coa etiqueta Lecto-escritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lecto-escritura. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2020

📲💻 Sílabas trabadas 💻📲

Aquí vos deixamos, para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, que aínda non teña ben afianzadas algunhas trabadas, un xogo online para o que só precisaredes dun móbil, tablet ou ordenador. Para iso, premede no seguinte enlace e a xogarrr!!!!

xoves, 14 de maio de 2020

Uso dos ditongos e hiatos

Bo día!

Seguro que estaredes de acordo comigo, e é que recoñecer cando hai ditongo ou hiato nunha palabra ás veces pode traernos de cabeza!

Pois aquí tedes un conto ben chulo para localizalos facilmente: "La ciudad de las vocales" de Claudia Bornay.

Botádelle un ollo!👀


domingo, 10 de maio de 2020

Habilidades metalingüísticas na rede

Bo día!

Para seguir potenciando a conciencia fonolóxica, silábica, léxica... tan importantes para o bo desenrolo da lectoescritura, a continuación podedes empregar as seguintes fichas interactivas orientadas á etapa de Primaria. Si! Non vos fai falta imprimir nada! Tan só dispoñer dunha tablet, ordenador 💻 ou móbil 📱...e listo!


luns, 27 de abril de 2020

Comprensión lectora

Ola!

Por aquí vos deixamos novo material para potenciar a comprensión lectora. 💭
Está orientado para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria.

Podedes descargar o recurso facendo click: AQUÍ

xoves, 16 de abril de 2020

Apps Educativas



💻📲 APPs educativas 📲💻

Para facer este confinamento o máis ameno posible onde a hora de estudar non sexa unha tarefa árdua, aquí vos deixamos un pdf con máis APPs que seguro vos fan ese momento máis divertido. Nelas podedes traballar diferentes áreas como: atención, memoria, lectura, escritura, números, emocións, orientación espacial e temporal, etc. 

Agardamos que vos gusten! 😃



Preme aquí para descargar! 



Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...