Amosando publicacións coa etiqueta Multiplicación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Multiplicación. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2020

Trivial Matemático

Bo día!

Hoxe toca repasar as operacións básicas!

Para iso traémosvos este trivial matemático que vos vai permitir competir contra outro xogador online para ver quen é o máis rápido e o que mellor controla as operacións e a orde de operacións.

Para xogar deberedes seleccionar a resposta correcta de entre as 3 opcións que vos dan. Se queredes practicar un pouco antes de iniciar o xogo, poderedes facelo pulsando en PRACTICE. Para iniciar o xogo, deberedes pulsar ONLINE.

Moita sorte!


venres, 5 de xuño de 2020

O rato e as táboas de multiplicar

Bo día!

Xa está rematando a primeira semañana de xuño e xa queda pouco para rematar o curso!

Hoxe traémosvos un labirinto das táboas de multiplicar. Un pequeno rato está buscando un anaco de queixo pero está ao final dun labirinto. Para axudarlle, deberedes ir respondendo as multiplicacións que  aparecen á dereita do labirinto.

Estade atentos e tede coidado! Se poñedes unha soa resposta errónea, o pobre rato voltará ao principio do labirinto!

Moita sorte!


mércores, 27 de maio de 2020

Labirinto de múltiplos

Bo día! 

Hoxe toca repaso de mates! Como xa dixemos en anteriores publicacións, é moi importante saber as táboas de multiplicar. Por este motivo, hoxe traémosvos un labirinto de números múltiplos. 

Para xogar, en primeiro lugar tes que escoller un número comprendido entre o 2 e o 12. Unha vez seleccionado, deberás seguir o camiño do labirinto sinalando todos os múltiplos de este número. 

Con este xogo non só repasarás as multiplicacións e as táboas de multiplicar, senón tamén as divisións entre números enteiros, comprobando que o resultado da división é tamén un número natural.

Moita sorte!

https://www.cokitos.com/laberinto-de-multiplos-del-2-al-12/play/

mércores, 13 de maio de 2020

Math-Man

Bo día!

Coñecedes o famoso xogo do comecocos (Pac-Man)? Hoxe traémosvos unha versión matemática do mesmo: Math-Man.

O obxectivo do xogo é comer as pantasmas que teñen o resultado da operación que aparece na pantalla. As operacións poden ser sumas, restas, multiplicacións ou divisións.

As instruccións son moi sinxelas: 
  • Emprega as flechas ←↑→↓ do teclado para mover ao Math man polo laberinto para ir en busca das pantasmas. Por exemplo:
           Aquí terías que comer a pantasma 44 que sería o resultado de restar 50 - 6
  • Se cliqueas en PRACTICE GAME as pantasmas permanecerán inmóbiles.
  • Se cliqueas en START as pantasmas se moverán.
  • CONSELLO 1: a barra espaciadora permitirá dispersar as pantasmas, pero OLLO! non tes un número determinado de dispersións.
  • CONSELLO 2: se comes unha estrela coma esta as pantasmas quedarán inmóbiles durante uns segundos.


Para xogar fai click na seguinte imaxe: 

http://www.sheppardsoftware.com/mathgames/mathman/mathman_easy.htm



xoves, 7 de maio de 2020

Táboas de multiplicar

Bo día! 

Hoxe traémosvos un xogo para practicar as táboas de multiplicar!

Meteor Multiplication é un xogo matemático que vos vai axudar a aprender e a practicar as multiplicacións. 

Convertirédesvos en naves espaciais cuxa misión é disparar aos meteoritos coa multiplicación correspondente ao resultado que aparece na nave antes de que estes vos alcancen.

Prestade atención e moita sorte!

https://www.arcademics.com/games/meteor

venres, 24 de abril de 2020

Números enteiros


Bo día!
Hoxe traémosvos un xogo para as nenas e nenos máis maiores do cole.
Os números enteiros poden ser un pouco liosos, sobre todo ao principio, polo que con este xogo poderedes repasar as súas multiplicacións.
O obxectivo do xogo é gañar unha carreira espacial. Para poder avanzar, deberedes seleccionar a resposta correcta das multiplicacións que aparecen na pantalla. Cantas máis respostas correctas, máis rápido avanzaredes e, polo tanto, máis posibilidades de gañar!
Moita sorte!
https://www.arcademics.com/games/integer-warp

xoves, 16 de abril de 2020

Matemáticas

Traballando cos números! 💻🔢


Suma ➕, resta ➖, multiplica❌, divide➗, resolve problemas❔ e máis clickando no seguinte enlace. Unha vez realices as operacións comproba o resultado! ✅😉




Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...