Amosando publicacións coa etiqueta Comprensión lectora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comprensión lectora. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de maio de 2020

📲💻 Xogos online 💻📲

Bo día,

deixámosvos un mix de xogos online dirixidos principalmente para o alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria.

Cantas palabras ten a oración? actividade que consiste en fragmentar as palabras da oración indicando o número total delas. Indicado para alumnado de 1º ciclo de Educación Primaria e para aqueles con dislexia. Preme aquí:

Verdade ou mentira? actividade na que hai unha imaxe e catro oracións verdadeiras e falsas. Vós debedes sinalar as oracións correctas. Preme aquí e aquí.

Sílabas trabadas! actividade que consiste en escribir as palabras, que inclúen sílabas trabadas, das imaxes que representan. Preme aquí.

En que grupo...? actividade na que debedes clasificar as imaxes tendo en conta as vogais que forman cada palabra. Non teño por qué incluír todas as vogais! Preme aquí.

Palabras perdidas! debedes escribir as palabras perdidas que aparecen na parte superior nos ocos do texto coa finalidade de que teña sentido. Preme aquí

¿Qué utilizamos para...? a partir da oración debedes elixir unha das tres imaxes que se vos presenta como a resposta correcta. Preme aquí.

Adiviña, adiviñanza... unha vez ledes a adiviñanza debedes seleccionar a imaxe que se corresponde coa resposta correcta. Preme aquí.



luns, 27 de abril de 2020

Comprensión lectora

Ola!

Por aquí vos deixamos novo material para potenciar a comprensión lectora. 💭
Está orientado para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria.

Podedes descargar o recurso facendo click: AQUÍ

martes, 21 de abril de 2020

Comprendemos o que lemos?

Cando lemos, se non o facemos dun xeito adecuado podemos ter dificultade para obter unha boa comprensión. 📖😕 É por iso que, durante o momento da lectura, debemos prestar atención para reter toda a información necesaria, así como, buscar nun dicionario o significado daquelas palabriñas que descoñecemos. 

Debemos dedicarlle un tempo á lectura no noso día a día e, para aqueles nenos e nenas que non o teñan como hábito, que mellor momento que este? 😀 Animámosvos a coller un libro, conto, pequenas historias ... que vos motiven e ler, dedicádelle 15-20 minutos cada día, pouco a pouco, pero todos os días e logo respondédevos a preguntas como: Quen é o/a protagonista/s? Onde están? Que ocorre? etc.  

A continuación deixámosvos unhas lecturas que van de menor a maior dificultade segundo a idade. Comprendemos todo o que lemos?  Imos a comprobalo! 😃

Primeiro ciclo (1º e 2º de Educación Primaria)

  • Lectura 1. Preme aquí.
  • Lecturas 2. Preme aquí.
  • Lecturas 3. Preme aquí.
  • Lecturas 4. Preme aquí.
  • Lecturas 5. Preme aquí.
  • Lecturas interactivas. Preme aquí.

Segundo ciclo (3º e 4º de Educación Primaria)
  • Lecturas 1. Preme aquí.
  • Lecturas 2. Preme aquí.
  • Lecturas 3. Preme aquí.
  • Lecturas 4. Preme aquí.
  • Lecturas interactivas 5. Preme aquí.

Terceiro ciclo (5º e 6º de Educación Primaria)
  • Lecturas 1. Preme aquí.
  • Lecturas 2. Preme aquí.
  • Lecturas 3. Preme aquí.
  • Lecturas 4. Preme aquí.
  • Lecutras 5. Preme aquí.


Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...