Amosando publicacións coa etiqueta Atención. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Atención. Amosar todas as publicacións

domingo, 10 de maio de 2020

Habilidades metalingüísticas na rede

Bo día!

Para seguir potenciando a conciencia fonolóxica, silábica, léxica... tan importantes para o bo desenrolo da lectoescritura, a continuación podedes empregar as seguintes fichas interactivas orientadas á etapa de Primaria. Si! Non vos fai falta imprimir nada! Tan só dispoñer dunha tablet, ordenador 💻 ou móbil 📱...e listo!


xoves, 30 de abril de 2020

Concéntrate en 3,2,1...⏳🙇

A piques de rematar abril e tendo unha ponte por diante, xa sabemos, non será moi diferente a estes días 😓 deixámosvos varios links para traballar a atención e a memoria. Son actividades moi sinxelas que podedes facer na casa para poñer a proba as vosa capacidade cognitiva. Animádesvos? 😀

⧫ Formas  e cores: concéntrate e observa a plantilla, memoriza as formas, cores e lugares donde se sitúan cada figura. Logo, noutra plantilla en branco, colócaas tal e como recordes! Esta mesma actividade podedes variala por debuxos, personaxes, letras, números, sílabas, etc... sempre intentando buscar a motivación do/a neno/a. Preme aquí.

⧫ Siluetas: encontra as siluetas que se corresponde co modelo. Ten coidado todos eles son moi similiares! Preme aquí.

⧫ Laberintos secretos: se queres chegar á solución, presta atención ás instrucións que che indican! Preme aquí.

⧫ 5 diferencias: observa os dous debuxos detidamente e encontra as 5 diferencias! Preme aquí.

⧫ Simetría: debuxa os elementos que faltan para que as dúas partes sexan iguais. Preme aquí.

⧫ Sopa de letras: encontra as letras, palabras a partir de definición que che indican, etc. Preme nas seguintes palabras: Letras, Palabras_definición, Sopa_variasSopa_interactiva.

⧫ Mandalas: relaxa a túa mente pintando. Preme aquí.

luns, 27 de abril de 2020

Ortografía con POPI

POPI


Coñecedes este recurso tan divertido para o repaso da ortografía? 🙌

Trátase dunha aplicación interactiva para a aprendizaxe da mesma a través do xogo. 
De forma lúdica, o alumnado de primaria pode repasar os seus coñecementos das diferentes regras de orografía (dende a sección: Repasar), realizar un conxunto de actividades en torno a estas regras (cada regra ten ata 6 tipos de exercicio diferentes) ou xogar ó parchís ortográfico, no que poden participar ata 4 xogadores simultaneamente.



Podedes acceder ó recurso directamente no seguinte enlace:

Comprensión lectora

Ola!

Por aquí vos deixamos novo material para potenciar a comprensión lectora. 💭
Está orientado para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria.

Podedes descargar o recurso facendo click: AQUÍ

xoves, 16 de abril de 2020

Apps Educativas



💻📲 APPs educativas 📲💻

Para facer este confinamento o máis ameno posible onde a hora de estudar non sexa unha tarefa árdua, aquí vos deixamos un pdf con máis APPs que seguro vos fan ese momento máis divertido. Nelas podedes traballar diferentes áreas como: atención, memoria, lectura, escritura, números, emocións, orientación espacial e temporal, etc. 

Agardamos que vos gusten! 😃



Preme aquí para descargar! 



Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...