A piques de rematar abril e tendo unha ponte por diante, xa sabemos, non será moi diferente a estes días 😓 deixámosvos varios links para traballar a atención e a memoria. Son actividades moi sinxelas que podedes facer na casa para poñer a proba as vosa capacidade cognitiva. Animádesvos? 😀
⧫ Formas e cores: concéntrate e observa a plantilla, memoriza as formas, cores e lugares donde se sitúan cada figura. Logo, noutra plantilla en branco, colócaas tal e como recordes! Esta mesma actividade podedes variala por debuxos, personaxes, letras, números, sílabas, etc... sempre intentando buscar a motivación do/a neno/a. Preme aquí.
⧫ Siluetas: encontra as siluetas que se corresponde co modelo. Ten coidado todos eles son moi similiares! Preme aquí.
⧫ Laberintos secretos: se queres chegar á solución, presta atención ás instrucións que che indican! Preme aquí.
⧫ 5 diferencias: observa os dous debuxos detidamente e encontra as 5 diferencias! Preme aquí.
⧫ Simetría: debuxa os elementos que faltan para que as dúas partes sexan iguais. Preme aquí.
⧫ Sopa de letras: encontra as letras, palabras a partir de definición que che indican, etc. Preme nas seguintes palabras: Letras, Palabras_definición, Sopa_varias, Sopa_interactiva.
⧫ Mandalas: relaxa a túa mente pintando. Preme aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario