Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2020

Matemáticas Simpáticas

Bo día!

Hoxe toca repasar as matemáticas. Para facelo, traémosvos uns xogos cos que poderedes repasar todos os contidos de todos os cursos de primaria.

Pulsa na imaxe para ir ao curso que queiras:

1º EP:


2º EP:


3º EP:


4º EP:


5º EP:


6º EP:


venres, 12 de xuño de 2020

Cuadernos repaso de matemáticas de 5º e 6º

Bo día:
Para o alumnado de 5º e 6º que desexe repasar os contidos de matemáticas de forma interactiva, elaboramos os seguintes cadernos en live work sheets.
Para acceder a eles tedes que poñer no curso de 5º:
usuario: Repaso Gregorio Sanz 5º
contrasinal: 5
Para o alumnado de 6º:
usuario: Repaso Gregorio Sanz 6º
contrasinal: 6


Identificación de alumno/a

Usuario: 

Contraseña: 



Proporcionado por Live Worksheets

Quen quere ser millonario? 3º - 4º EP

Bo día!

Para rematar a semana traémosvos este xogo creado polas profes @miriam_eslteacher e @seno_cristi que serve como repaso dos contidos dados tanto en 3º como en 4º de Educación Primaria.

Sodes capaces de chegar ao final sen fallar unha soa resposta? Recordade que tedes 3 comodíns, a chamada, axuda do público e o 50/50 (quedar só con dúas respostas posibles).

Moita sorte!


xoves, 11 de xuño de 2020

Trivial Matemático

Bo día!

Hoxe toca repasar as operacións básicas!

Para iso traémosvos este trivial matemático que vos vai permitir competir contra outro xogador online para ver quen é o máis rápido e o que mellor controla as operacións e a orde de operacións.

Para xogar deberedes seleccionar a resposta correcta de entre as 3 opcións que vos dan. Se queredes practicar un pouco antes de iniciar o xogo, poderedes facelo pulsando en PRACTICE. Para iniciar o xogo, deberedes pulsar ONLINE.

Moita sorte!


mércores, 10 de xuño de 2020

Eduteca

Bo día!

Hoxe traémosvos unha canle de youtube moi especial! Nela poderedes atopar vídeos de todas as cousiñas que vos explican na clase as profes.

Esta canle vaivos servir para repasar eses contidos ademais de axudarvos se non entendedes algunhas das cousas que aparecen nos libros.

Esperamos que vos guste!


luns, 8 de xuño de 2020

Breakout Potencias 6º EP

Bo día!

Que tal a finde?

Hoxe comezamos a semana cun xogo de Breakout deseñado para as nenas e nenos de 6º de Primaria.

O xogo consiste en responder ás diferentes preguntas sobre potencias que se fan nos 4 niveis para obter uns números. Eses números serán a combinación necesaria para resolver o Breakout.

Moita sorte!

venres, 5 de xuño de 2020

O rato e as táboas de multiplicar

Bo día!

Xa está rematando a primeira semañana de xuño e xa queda pouco para rematar o curso!

Hoxe traémosvos un labirinto das táboas de multiplicar. Un pequeno rato está buscando un anaco de queixo pero está ao final dun labirinto. Para axudarlle, deberedes ir respondendo as multiplicacións que  aparecen á dereita do labirinto.

Estade atentos e tede coidado! Se poñedes unha soa resposta errónea, o pobre rato voltará ao principio do labirinto!

Moita sorte!


luns, 1 de xuño de 2020

Sumon

Bo día!

Que tal a fin de semana?

Hoxe traémosvos este xogo de matemáticas para traballar o cálculo mental.

Sumon é un xogo no que deberedes de compoñer un número determinado sumando varios dos números que aparecen no taboleiro. Estade atentos e sede rápidos, tedes un tempo limitado!

Nós recomendámosvos que comecedes clicando no PROGRESSIVE MODE, xa que vai aumentando progresivamente a dificultade e a cantidade de números que aparecen.

Moita sorte!!


venres, 29 de maio de 2020

Cadernos interactivos repaso matemáticas de 1º a 4º de EP

CADERNOS INTERACTIVOS DE REPASO DE MATEMÁTICAS📐📗📖
O Departamento de Orientación recolleu nestes cadernos fichas interactivas para o repaso das matemáticas. Podedes comprobar os resultados no momento! Polo de agora veredes os cadernos de 1º,2º,3º e 4º, moi pronto estarán os de 5º e 6º de EP. Estas actividades son voluntarias, coa finalidade de repasar os contidos dunha forma máis lúdica. Esperamos que vos sexan de utilidade.
Para acceder, hai que ir á parte inferior desta publicación e, dependendo do curso, poñer os seguintes usuarios e contrasinais:
Para 1º de EP:

  • usuario: Repaso Gregorio Sanz 1º 
  • contrasinal: 1
Para 2º de EP:
  • usuario: Repaso Gregorio Sanz 2º 
  • contrasinal: 2

Para 3º de EP:
  • usuario: Repaso Gregorio Sanz 3º 
  • contrasinal: 3
Para 4º de EP:
  • usuario: Repaso Gregorio Sanz 4º 
  • contrasinal: 4



Identificación de alumno/a

Usuario: 

Contraseña: 



Proporcionado por Live Worksheets

mércores, 27 de maio de 2020

Labirinto de múltiplos

Bo día! 

Hoxe toca repaso de mates! Como xa dixemos en anteriores publicacións, é moi importante saber as táboas de multiplicar. Por este motivo, hoxe traémosvos un labirinto de números múltiplos. 

Para xogar, en primeiro lugar tes que escoller un número comprendido entre o 2 e o 12. Unha vez seleccionado, deberás seguir o camiño do labirinto sinalando todos os múltiplos de este número. 

Con este xogo non só repasarás as multiplicacións e as táboas de multiplicar, senón tamén as divisións entre números enteiros, comprobando que o resultado da división é tamén un número natural.

Moita sorte!

https://www.cokitos.com/laberinto-de-multiplos-del-2-al-12/play/

xoves, 21 de maio de 2020

Operacións co tempo

Bo día!

Hoxe traémosvos unhas actividades para traballar a medida do tempo. En total hay 4 tipos de actividades:
  1. Coloca os alimentos no seu lugar correspondente indicando o tempo en minutos e segundos que tardan en cociñarse no microondas: 
    https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285584844/contido/ma019_oa02_es/index.html
  2. Arrastra as pilas de igual duración ata o cargador para averiguar canto tempo pode estar encendida a bombilla.
    https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285584844/contido/ma019_oa02_es/index.html
  3. Compara as medidas de tempo indicando se o da esquerda é maior, menor ou igual que o da dereita.
    https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285584844/contido/ma019_oa02_es/index.html
  4. Transforma as medidas de tempo noutras.
    https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1285584844/contido/ma019_oa02_es/index.html

Moita sorte!!

Para xogar, pulsa en calquera das imaxes.

mércores, 20 de maio de 2020

luns, 18 de maio de 2020

Operacións con Fraccións

Bo día!

Que tal a finde? Para comezar a semana traémosvos unhas actividades nas que poderedes practicar as diferentes operacións con fraccións.

Para recordar como se realizan as diferentes operacións, cada unha das páxinas terá unha pequena aclaración teórica e un exemplo no que se vai explicando o proceso que hai que realizar para resolver a operación.

As operacións son:

Suma e resta de fraccións con igual denominador:

http://www.eltanquematematico.es/todo_mate/fracciones_e/ejercicios/sumayresta_p.html


Suma de fraccións con distinto denominador:

http://www.eltanquematematico.es/todo_mate/fracciones_e/ejercicios/suma_pc_p.html

Suma reducindo as fraccións a común denominador polo método do mínimo común múltiplo:

http://www.eltanquematematico.es/todo_mate/fracciones_e/ejercicios/suma_mcm_p.html

Resta de fraccións con distinto denominador:

http://www.eltanquematematico.es/todo_mate/fracciones_e/ejercicios/resta_pc_p.html

Multiplicación de fraccións:

http://www.eltanquematematico.es/todo_mate/fracciones_e/ejercicios/multiplicacion_p.html

División de fraccións:

http://www.eltanquematematico.es/todo_mate/fracciones_e/ejercicios/division_p.html

Moita sorte!

mércores, 13 de maio de 2020

Math-Man

Bo día!

Coñecedes o famoso xogo do comecocos (Pac-Man)? Hoxe traémosvos unha versión matemática do mesmo: Math-Man.

O obxectivo do xogo é comer as pantasmas que teñen o resultado da operación que aparece na pantalla. As operacións poden ser sumas, restas, multiplicacións ou divisións.

As instruccións son moi sinxelas: 
  • Emprega as flechas ←↑→↓ do teclado para mover ao Math man polo laberinto para ir en busca das pantasmas. Por exemplo:
           Aquí terías que comer a pantasma 44 que sería o resultado de restar 50 - 6
  • Se cliqueas en PRACTICE GAME as pantasmas permanecerán inmóbiles.
  • Se cliqueas en START as pantasmas se moverán.
  • CONSELLO 1: a barra espaciadora permitirá dispersar as pantasmas, pero OLLO! non tes un número determinado de dispersións.
  • CONSELLO 2: se comes unha estrela coma esta as pantasmas quedarán inmóbiles durante uns segundos.


Para xogar fai click na seguinte imaxe: 

http://www.sheppardsoftware.com/mathgames/mathman/mathman_easy.htm



martes, 12 de maio de 2020

Fraccións

Tes ben afianzadas as fraccións? Imos comprobalo! 😉 Preme no seguinte enlace e anota cantas respostas acertaches! 😄👌



luns, 11 de maio de 2020

Traballamos con Euros!

Bo día! 

Que tal a fin de semana? 

Agora que xa podemos saír algo e que o comercio comeza a abrir pouco a pouco, traémosvos un xogo para traballar os euors. É moi importante saber o que custan as cousas e canto temos que pagar cando vamos mercar algo. Por este motivo, traémosvos esta actividade para practivar a suma de diferentes moedas. Unha vez obtido o resultado, deberás arrastrar a peza que aparece na pantalla ao lugar do crebacabezas no que aparece o resultado da suma e así sucesivamente ata completalo. 

Moita sorte!

https://www.cokitos.com/sumar-dinero-monedas-de-euro-e/play/

xoves, 7 de maio de 2020

Táboas de multiplicar

Bo día! 

Hoxe traémosvos un xogo para practicar as táboas de multiplicar!

Meteor Multiplication é un xogo matemático que vos vai axudar a aprender e a practicar as multiplicacións. 

Convertirédesvos en naves espaciais cuxa misión é disparar aos meteoritos coa multiplicación correspondente ao resultado que aparece na nave antes de que estes vos alcancen.

Prestade atención e moita sorte!

https://www.arcademics.com/games/meteor

luns, 4 de maio de 2020

Fraccións

Bo día!

Hoxe traémosvos o xogo Pecking Order! É un xogo educativo para que practiquedes o valor numérico con fraccións, porcentaxes e decimais. O obxectivo do xogo é organizar os diferentes paxaros de menor a maior nunha recta numérica o máis rápido posible sen cometer erros.

Unha vez que completedes as 5 rondas, poderedes facer música coa banda de paxaros Bird Band!

Moita sorte!
https://www.abcya.com/games/number_line_fractions_percents_decimals

martes, 28 de abril de 2020

Divisións 3º - 4º EP

Bo día!
Que tal estades a levar o confinamento?
Xa sabemos que as divisións poden resultar un pouco monótonas. Por este motivo, hoxe traémosvos ás nenas e nenos de 3º e 4º de primaria un xogo para practicar a división de maneira lúdica. 
O obxectivo do xogo é apuntar ás divisións que se corresponden cos resultados que temos na pantalla.
Para xogar empregaderes as flechas do teclado para moveros á dereita e á esquerda e para apuntar poderedes usar o rato ou pulsar a barra espaciadora ou a flecha que sinala cara arriba.


Tamén, se non estades moi seguros de todas as táboas, poderedes seleccionar cales queredes que aparezan nas divisións e a velocidade á que queredes que vaian saíndo as operacións: 


Esperemos que este xogo vos guste e vos axude a repasar as divisións! 
Moita sorte!

https://www.arcademics.com/games/demolition

(Pulsa na imaxe para entrar no xogo)

venres, 24 de abril de 2020

Números enteiros


Bo día!
Hoxe traémosvos un xogo para as nenas e nenos máis maiores do cole.
Os números enteiros poden ser un pouco liosos, sobre todo ao principio, polo que con este xogo poderedes repasar as súas multiplicacións.
O obxectivo do xogo é gañar unha carreira espacial. Para poder avanzar, deberedes seleccionar a resposta correcta das multiplicacións que aparecen na pantalla. Cantas máis respostas correctas, máis rápido avanzaredes e, polo tanto, máis posibilidades de gañar!
Moita sorte!
https://www.arcademics.com/games/integer-warp

Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...