Bo día!
Coñecedes o famoso xogo do comecocos (Pac-Man)? Hoxe traémosvos unha versión matemática do mesmo: Math-Man.
O obxectivo do xogo é comer as pantasmas que teñen o resultado da operación que aparece na pantalla. As operacións poden ser sumas, restas, multiplicacións ou divisións.
As instruccións son moi sinxelas:
- Emprega as flechas ←↑→↓ do teclado para mover ao Math man polo laberinto para ir en busca das pantasmas. Por exemplo:
Aquí terías que comer a pantasma 44 que sería o resultado de restar 50 - 6
- Se cliqueas en PRACTICE GAME as pantasmas permanecerán inmóbiles.
- Se cliqueas en START as pantasmas se moverán.
- CONSELLO 1: a barra espaciadora permitirá dispersar as pantasmas, pero OLLO! non tes un número determinado de dispersións.
- CONSELLO 2: se comes unha estrela coma esta as pantasmas quedarán inmóbiles durante uns segundos.
Para xogar fai click na seguinte imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario