Bo día,
deixámosvos un mix de xogos online dirixidos principalmente para o alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria.
Cantas palabras ten a oración? actividade que consiste en fragmentar as palabras da oración indicando o número total delas. Indicado para alumnado de 1º ciclo de Educación Primaria e para aqueles con dislexia. Preme aquí:
Verdade ou mentira? actividade na que hai unha imaxe e catro oracións verdadeiras e falsas. Vós debedes sinalar as oracións correctas. Preme aquí e aquí.
Sílabas trabadas! actividade que consiste en escribir as palabras, que inclúen sílabas trabadas, das imaxes que representan. Preme aquí.
En que grupo...? actividade na que debedes clasificar as imaxes tendo en conta as vogais que forman cada palabra. Non teño por qué incluír todas as vogais! Preme aquí.
Palabras perdidas! debedes escribir as palabras perdidas que aparecen na parte superior nos ocos do texto coa finalidade de que teña sentido. Preme aquí.
¿Qué utilizamos para...? a partir da oración debedes elixir unha das tres imaxes que se vos presenta como a resposta correcta. Preme aquí.
Adiviña, adiviñanza... unha vez ledes a adiviñanza debedes seleccionar a imaxe que se corresponde coa resposta correcta. Preme aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario