Neste apartado, faremos diversas propostas para potenciar a expresión oral e comprensión da linguaxe. 👄💭💬
A continuación deixámosvos unha serie de xogos para favorecer estes aspectos de forma lúdica na casa segundo a etapa educativa:
- EDUCACIÓN INFANTIL:
2. Cambiamos a voz? O obxectivo principal deste xogo é traballar a expresión oral a través do cambio de voz con diferentes personaxes, aínda que tamén é un bo motivador para a lectura. Ademais, podemos facer diferentes xogos como adiviñar películas, contar historias, describir imaxes ou adiviñar que personaxe estou imitando. Descargade o xogo aquí.
3. Contamos contos. Estratexias para traballar a expresión oral a través dos contos empregando conectores e apoios visuais. Preme aquí.
- 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
2. Descricións. Material composto de 40 tarxetas con pictogramas de obxectos diferentes, acompañadas de 3 preguntas: "Que é?", "Para que serve?" e "Como se emprega?". Ademais de poñer en práctica a expresión e comprensión oral, tamén poderemos traballar o léxico e a súa categorización. Preme aquí.
3. Dados para contar historias. Dados para crear as nosas historias. Na rede hai moitos recursos deste tipo, pero aquí vos deixamos un exemplo para crear os vosos. Tírase o dado por quendas e xuntos inventamos unha historia incrible. Descarga o recurso aquí.
- 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
2. Quen é quen? Adaptación do clásico xogo, con taboleiros diferentes e máis divertidos. Preme aquí.
3. Que pensas? Tarxetas con descricións, gustos, emocións, preferencias e opinións dunha forma lúdica. Consegue o recurso aquí.
- 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
2. Tarxetas de habilidades sociais. Consiste nunha serie de tarxetas que presentarán diferentes situacións para responder á pregunta: Que temos que facer? Descarga aquí.
3. Mímica. Os xogos de mímica son para todas as idades. Aquí tedes algunhas propostas para xogar co corpo e as palabras. Preme aquí.
A DIVERTIRSE! 😊
Ningún comentario:
Publicar un comentario