xoves, 11 de xuño de 2020

Trivial Matemático

Bo día!

Hoxe toca repasar as operacións básicas!

Para iso traémosvos este trivial matemático que vos vai permitir competir contra outro xogador online para ver quen é o máis rápido e o que mellor controla as operacións e a orde de operacións.

Para xogar deberedes seleccionar a resposta correcta de entre as 3 opcións que vos dan. Se queredes practicar un pouco antes de iniciar o xogo, poderedes facelo pulsando en PRACTICE. Para iniciar o xogo, deberedes pulsar ONLINE.

Moita sorte!


mércores, 10 de xuño de 2020

Eduteca

Bo día!

Hoxe traémosvos unha canle de youtube moi especial! Nela poderedes atopar vídeos de todas as cousiñas que vos explican na clase as profes.

Esta canle vaivos servir para repasar eses contidos ademais de axudarvos se non entendedes algunhas das cousas que aparecen nos libros.

Esperamos que vos guste!


martes, 9 de xuño de 2020

Dominó en inglés

Bo día!

Hoxe toca repasar un pouco inglés. Para facelo, traémosvos este xogo de mesa interactivo e online.

É o xogo clásico do dominó que combina imaxes con palabras en inglés. Para xogar só hai que unir as pezas de maneira que queden consecutivas, é dicir, que a palabra e a imaxe correspondente estén unha ao lado da outra.

Moita sorte!


luns, 8 de xuño de 2020

Breakout Potencias 6º EP

Bo día!

Que tal a finde?

Hoxe comezamos a semana cun xogo de Breakout deseñado para as nenas e nenos de 6º de Primaria.

O xogo consiste en responder ás diferentes preguntas sobre potencias que se fan nos 4 niveis para obter uns números. Eses números serán a combinación necesaria para resolver o Breakout.

Moita sorte!

venres, 5 de xuño de 2020

O rato e as táboas de multiplicar

Bo día!

Xa está rematando a primeira semañana de xuño e xa queda pouco para rematar o curso!

Hoxe traémosvos un labirinto das táboas de multiplicar. Un pequeno rato está buscando un anaco de queixo pero está ao final dun labirinto. Para axudarlle, deberedes ir respondendo as multiplicacións que  aparecen á dereita do labirinto.

Estade atentos e tede coidado! Se poñedes unha soa resposta errónea, o pobre rato voltará ao principio do labirinto!

Moita sorte!


xoves, 4 de xuño de 2020

Analogue and digital clock

Good morning!

Hoxe traémosvos unha actividade para aprender e repasar as horas en inglés!

Con este xogo poderedes escoller que tipo de reloxo queredes empregar (dixital ou analóxico) para aprender as horas en inglés.

Moita sorte!


mércores, 3 de xuño de 2020

Pasapalabra 3º - 4º EP

Bo día!

Hoxe traémosvos o rosco de Pasapalabra! Con este xogo poderedes repasar algúns dos contidos que aprendíchedes na clase de Lengua (verbos, tipos de palabras, determinantes, tempos verbais, formas narrativas, etc.).

Neste rosco teredes todas as letras do alfabeto que se poñerán en verde ou vermello en función de si respondes correctamente ou non ás preguntas.

Moita sorte!


Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...