venres, 19 de xuño de 2020

Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día:
Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os seguintes cadernos en live work sheets.
Para acceder a eles tedes que poñer no curso de 3º:
usuario: repasolengua3
contrasinal: lengua3
Para o alumnado de 4º:
usuario: repasolengua4
contrasinal: lengua4
Para o alumnado de 5º:
usuario: repasolengua5
contrasinal: lengua5
Para o alumnado de 6º:
usuario: repasolengua6
contrasinal: lengua6




Identificación de alumno/a

Usuario: 

Contraseña: 



Proporcionado por Live Worksheets

xoves, 18 de xuño de 2020

Tony's Birthday (3º - 4º EP)

Good morning!

Mañá é o cumpreanos de Tony. Sarah e Paul estanlle preparando una festa sorpresa. Podes axudarlles?

Con este xogo poderedes repasar o vocabulario relacionado co cumpreanos (decoracións, regalos,...).

Moita sorte!


mércores, 17 de xuño de 2020

Matemáticas Simpáticas

Bo día!

Hoxe toca repasar as matemáticas. Para facelo, traémosvos uns xogos cos que poderedes repasar todos os contidos de todos os cursos de primaria.

Pulsa na imaxe para ir ao curso que queiras:

1º EP:


2º EP:


3º EP:


4º EP:


5º EP:


6º EP:


martes, 16 de xuño de 2020

Welcome to Eduland


Good morning!

Hoxe presentámosvos a Eduland, un xogo no que poderedes repasar vocabulario relacionado co colexio, o parque e a casa.

Unha vez seleccionado o tema que queredes repasar teredes cinco categorías:      

WATCH & LISTEN: Aquí veredes o vocabulario, a súa pronunciación e a súa asociación cunha imaxe.

PLAY: Aquí xogaredes ao "ahorcado". Deberedes escribir as letras que forman esa palabra.

WRITE: Aquí deberedes escribir as palabras correspondentes ás imaxes.

GO INSIDE: permite entrar en outras seccións con vocabulario novo.   

WORDS: aquí escoitaredes palabras e deberedes escribilas.

Moita sorte!


luns, 15 de xuño de 2020

Imos de pesca!

Bo día!

Última semana do curso!

Hoxe traémosvos un xogo para repasar o pasado, presente e futuro dos verbos.

O xogo consiste en clasificar os verbos que aparecen na pantalla e arrastralos ata a súa cesta correspondente segundo indiquen presente, pasado ou futuro.

Moita sorte!


venres, 12 de xuño de 2020

Cuadernos repaso de matemáticas de 5º e 6º

Bo día:
Para o alumnado de 5º e 6º que desexe repasar os contidos de matemáticas de forma interactiva, elaboramos os seguintes cadernos en live work sheets.
Para acceder a eles tedes que poñer no curso de 5º:
usuario: Repaso Gregorio Sanz 5º
contrasinal: 5
Para o alumnado de 6º:
usuario: Repaso Gregorio Sanz 6º
contrasinal: 6


Identificación de alumno/a

Usuario: 

Contraseña: 



Proporcionado por Live Worksheets

Quen quere ser millonario? 3º - 4º EP

Bo día!

Para rematar a semana traémosvos este xogo creado polas profes @miriam_eslteacher e @seno_cristi que serve como repaso dos contidos dados tanto en 3º como en 4º de Educación Primaria.

Sodes capaces de chegar ao final sen fallar unha soa resposta? Recordade que tedes 3 comodíns, a chamada, axuda do público e o 50/50 (quedar só con dúas respostas posibles).

Moita sorte!


Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...