luns, 30 de marzo de 2020

Mensaxe para as familias

Estimadas familias:
Desde o Departamento de Orientación queremos facer unha recopilación de recursos que vos sexan útiles estes días, así como unhas recomendacións.
Desexamos facer a nosa pequena aportación a través deste blog, con distintos apartados para traballar a atención, a lecto-escritura, as dislalias, as matemáticas, apps educativas...
Este blog pretende ser unha ferramenta para ter os recursos organizados en categorías, e para ir publicando outros novos que atopemos e consideremos interesantes.
Esperamos vervos moi pronto!
Unha grande aperta.
O Departamento de Orientación.💗

Recomendacións

Deixámosvos unhas recomendacións, así como algúns recursos xerais.
Un saudiño!😊

Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...