xoves, 2 de abril de 2020

Día Mundial de concienciación sobre o autismo.

💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙
Bo día!
Hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Cada ano, o 2 de abril, o movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, pon en marcha unha campaña de concienciación para visibilizar a realidade do colectivo, as súas necesidades e as súas capacidades.
Queredes participar na campaña?

É moi sinxelo,
Elixe unha ferramenta que represente unhas das túas habilidades e suxétaa coa man, fai unha foto e se queres que a vexamos no blog mándaa a seguinte dirección de correo: coronaenredos@gmail.com
Por tema de protección de datos non se poden publicar as caras dos nenos/as e dos papás e mamás que se sumen a iniciativa, pero pon o teu nome no correo electrónico e escribirémolo no blog.
Animádevos!
💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...