Bo día!
Para esas "RR" que ás veces lles costa tanto pronunciar ós máis pequenos, tedes a continuación uns cadernos con actividades da man de Una mirada especial, que lles axudarán á xeneralización deste fonema:
- Neste primeiro caderno, aparecen diversas actividades co fonema /r/ e /rr/ de colorear, unir, escribir... é importante que o nen@ vaia pronunciando en voz alta o nome das imaxes a medida que realiza as actividades para fomentar a súa pronunciación.
- No seguinte caderno, tedes un conxunto de imaxes con este fonema. Podedes usalo de diversas formas: pedíndolle ó nen@ que diga o nome das imaxes, que faga unha oración ou pequeno conto con varias delas, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario