Blog de recursos educativos, recomendacións e información.
venres, 29 de maio de 2020
xoves, 28 de maio de 2020
Shopping list!
Good morning!
Hoxe toca falar da lista da compra!
Sodes capaces de memorizar a lista da compra cando acompañades a mamá e a papá ao super? Parece complicado non deixarse nada... Por este motivo hoxe traémosvos este xogo para practicar a memorizar a lista da compra pero esta vez en inglés.
Sodes capaces de memorizar a lista da compra cando acompañades a mamá e a papá ao super? Parece complicado non deixarse nada... Por este motivo hoxe traémosvos este xogo para practicar a memorizar a lista da compra pero esta vez en inglés.
Para xogar, deberedes mirar durante uns segundos a lista de artículos que tedes que comprar no supermercado para memorizalos antes de comezar a compra.
Unha vez esteades dentro do supermercado, terás que acordarte qué cousas tiñas que mercar e as características dos mesmos (a cor, número de unidades, ..).
Estades preparados para poñer a proba a vosa memoria?
Good luck!
mércores, 27 de maio de 2020
Labirinto de múltiplos
Bo día!
Hoxe toca repaso de mates! Como xa dixemos en anteriores publicacións, é moi importante saber as táboas de multiplicar. Por este motivo, hoxe traémosvos un labirinto de números múltiplos.
Para xogar, en primeiro lugar tes que escoller un número comprendido entre o 2 e o 12. Unha vez seleccionado, deberás seguir o camiño do labirinto sinalando todos os múltiplos de este número.
Con este xogo non só repasarás as multiplicacións e as táboas de multiplicar, senón tamén as divisións entre números enteiros, comprobando que o resultado da división é tamén un número natural.
Moita sorte!
martes, 26 de maio de 2020
Numbers Bingo!
Good morning!
Hoxe voltamos ao inglés.
Hoxe voltamos ao inglés.
Como xa sabedes, aprender os números en inglés é moi importante, por eso traémosvos este bingo de números en inglés.
Para xogar deberedes escoller o tamaño do cartón do bingo, dependendo da cantidade de opcións que queirades. Unha vez seleccionado, comeza o xogo. Unha voz diravos un número e vós deberedes facer clic sobre el para marcalo.
Good luck!
luns, 25 de maio de 2020
Xogos Repaso Lengua 1º a 6º
Bo día!
Que tal a fin de semana?
Hoxe traémosvos uns xogos para repasar diferentes aspectos que estades estudando en Lengua.
Están divididos por cursos e dentro de cada curso hai dous tipos de xogos, os de repaso de gramática e os de repaso de ortografía. Podedes seleccionar o que máis vos interese e a xogar!
Moita sorte!
xoves, 21 de maio de 2020
¿Que letra é? 😕
Esta actividade vai dirixida para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria para traballar ou reforzar a conciencia fonolóxica. Consiste nun xogo online no que teredes que decidir se a palabra que se asocia coa imaxe comeza, contén ou remata coas letras que vos propoñen. Preme aquí e aprende xogando!
Operacións co tempo
Bo día!
Hoxe traémosvos unhas actividades para traballar a medida do tempo. En total hay 4 tipos de actividades:
Moita sorte!!
Para xogar, pulsa en calquera das imaxes.
Hoxe traémosvos unhas actividades para traballar a medida do tempo. En total hay 4 tipos de actividades:
- Coloca os alimentos no seu lugar correspondente indicando o tempo en minutos e segundos que tardan en cociñarse no microondas:
- Arrastra as pilas de igual duración ata o cargador para averiguar canto tempo pode estar encendida a bombilla.
- Compara as medidas de tempo indicando se o da esquerda é maior, menor ou igual que o da dereita.
- Transforma as medidas de tempo noutras.
Moita sorte!!
Para xogar, pulsa en calquera das imaxes.
mércores, 20 de maio de 2020
El cofre de las palabras
Bo día!
Que tal levades a semana? Hoxe traémosvos unha actividade para practicar diferentes aspectos de ortografía de lingua castelá.
Entre estas actividades atópanse a búsqueda da sílaba tónica, a diferencia entre os verbos "hacer" e "echar", cambiar palabras polos seus sinónimos, distinguir entre "ahí", "hay" e "¡ay!"; ordenar letras alfabeticamente e diferenciar entre "a ver" e "haber".
Moita sorte!
martes, 19 de maio de 2020
Fast Phrases
Good morning!
Voltamos ao inglés! Hoxe traémosvos un xogo básico de formación de oracións para aprender inglés. Para xogar basta con mirar a imaxe e facer clic nas opcións para formar unha frase coincidente co significado da mesma.
Hai varias categorías para practicar diferentes contidos da lingua estranxeira como son:
Unha vez seleccionado o contido, comezará o xogo.
Moita sorte!
luns, 18 de maio de 2020
Operacións con Fraccións
Bo día!
Que tal a finde? Para comezar a semana traémosvos unhas actividades nas que poderedes practicar as diferentes operacións con fraccións.
Para recordar como se realizan as diferentes operacións, cada unha das páxinas terá unha pequena aclaración teórica e un exemplo no que se vai explicando o proceso que hai que realizar para resolver a operación.
As operacións son:
Suma e resta de fraccións con igual denominador:
Suma de fraccións con distinto denominador:
Suma reducindo as fraccións a común denominador polo método do mínimo común múltiplo:
Resta de fraccións con distinto denominador:
Multiplicación de fraccións:
División de fraccións:
Moita sorte!
venres, 15 de maio de 2020
15 de maio: Día das Familias
Bo día.
Hoxe é o Día das Familias.
Celebremos a diversidade familiar.
Para celebrar este día propoñémosvos un divertido xogo familiar, para saber canto coñecemos a nosa familia. Espero que o desfrutudes.
Hoxe é o Día das Familias.
Celebremos a diversidade familiar.
Para celebrar este día propoñémosvos un divertido xogo familiar, para saber canto coñecemos a nosa familia. Espero que o desfrutudes.
Letras Galegas 2020
Bo día!
Como xa sabedes, o domingo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e este ano homenaxéase a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.
Como non podemos estar no cole para celebrar esta festividade, queremos mostrarvos este Scape Room creado pola profe Alba Carril Casanova do CPI de Vedra. Neste xogo poderedes aprender moitas cousas sobre Carvalho Calero á vez que descubrides o código segredo.
O código resultavos coñecido? 😉
O código resultavos coñecido? 😉
xoves, 14 de maio de 2020
Uso dos ditongos e hiatos
Bo día!
Seguro que estaredes de acordo comigo, e é que recoñecer cando hai ditongo ou hiato nunha palabra ás veces pode traernos de cabeza!
Pois aquí tedes un conto ben chulo para localizalos facilmente: "La ciudad de las vocales" de Claudia Bornay.
Botádelle un ollo!👀
Seguro que estaredes de acordo comigo, e é que recoñecer cando hai ditongo ou hiato nunha palabra ás veces pode traernos de cabeza!
Pois aquí tedes un conto ben chulo para localizalos facilmente: "La ciudad de las vocales" de Claudia Bornay.
Botádelle un ollo!👀
Mapas Políticos CCSS
Bo día!
Estes días estase a falar moito das diferentes provincias e Comunidades Autónomas de España coas fases da desescalada.
Por este motivo hoxe traémosvos uns xogos para recordar onde están situadas as Comunidades Autónomas e as diferentes provincias que as compoñen.
Para repasar as Comunidades Autónomas:
Para repasar as Provincias:
mércores, 13 de maio de 2020
Math-Man
Bo día!
Coñecedes o famoso xogo do comecocos (Pac-Man)? Hoxe traémosvos unha versión matemática do mesmo: Math-Man.
O obxectivo do xogo é comer as pantasmas que teñen o resultado da operación que aparece na pantalla. As operacións poden ser sumas, restas, multiplicacións ou divisións.
As instruccións son moi sinxelas:
- Emprega as flechas ←↑→↓ do teclado para mover ao Math man polo laberinto para ir en busca das pantasmas. Por exemplo:
Aquí terías que comer a pantasma 44 que sería o resultado de restar 50 - 6
- Se cliqueas en PRACTICE GAME as pantasmas permanecerán inmóbiles.
- Se cliqueas en START as pantasmas se moverán.
- CONSELLO 1: a barra espaciadora permitirá dispersar as pantasmas, pero OLLO! non tes un número determinado de dispersións.
- CONSELLO 2: se comes unha estrela coma esta as pantasmas quedarán inmóbiles durante uns segundos.
Para xogar fai click na seguinte imaxe:
martes, 12 de maio de 2020
Crucigramas
Good morning!
How are you? Hoxe volvemos a cambiar de idioma para traervos crucigramas para repasar o vocabulario en inglés. Nesta páxina tedes dispoñibles máis de 30 crucigramas diferentes clasificados por temáticas como o tempo, formas, números, animais e comida entre outras:
luns, 11 de maio de 2020
Traballamos con Euros!
Bo día!
Que tal a fin de semana?
Agora que xa podemos saír algo e que o comercio comeza a abrir pouco a pouco, traémosvos un xogo para traballar os euors. É moi importante saber o que custan as cousas e canto temos que pagar cando vamos mercar algo. Por este motivo, traémosvos esta actividade para practivar a suma de diferentes moedas. Unha vez obtido o resultado, deberás arrastrar a peza que aparece na pantalla ao lugar do crebacabezas no que aparece o resultado da suma e así sucesivamente ata completalo.
Moita sorte!
domingo, 10 de maio de 2020
Habilidades metalingüísticas na rede
Bo día!
Para seguir potenciando a conciencia fonolóxica, silábica, léxica... tan importantes para o bo desenrolo da lectoescritura, a continuación podedes empregar as seguintes fichas interactivas orientadas á etapa de Primaria. Si! Non vos fai falta imprimir nada! Tan só dispoñer dunha tablet, ordenador 💻 ou móbil 📱...e listo!
- Escolle a palabra correcta: pulsa aquí
- Separar palabras: pulsa aquí
- Tutifruti: pulsa aquí
- Palabras que riman:pulsa aquí
- Ordenar sílabas e palabras: pulsa aquí
- Palabras encadenadas: pulsa aquí
- Omitir sílabas: pulsa aquí
- Ordena letras: pulsa aquí
xoves, 7 de maio de 2020
📲💻 Xogos online 💻📲
Bo día,
deixámosvos un mix de xogos online dirixidos principalmente para o alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria.
Cantas palabras ten a oración? actividade que consiste en fragmentar as palabras da oración indicando o número total delas. Indicado para alumnado de 1º ciclo de Educación Primaria e para aqueles con dislexia. Preme aquí:
Verdade ou mentira? actividade na que hai unha imaxe e catro oracións verdadeiras e falsas. Vós debedes sinalar as oracións correctas. Preme aquí e aquí.
Sílabas trabadas! actividade que consiste en escribir as palabras, que inclúen sílabas trabadas, das imaxes que representan. Preme aquí.
En que grupo...? actividade na que debedes clasificar as imaxes tendo en conta as vogais que forman cada palabra. Non teño por qué incluír todas as vogais! Preme aquí.
Palabras perdidas! debedes escribir as palabras perdidas que aparecen na parte superior nos ocos do texto coa finalidade de que teña sentido. Preme aquí.
¿Qué utilizamos para...? a partir da oración debedes elixir unha das tres imaxes que se vos presenta como a resposta correcta. Preme aquí.
Adiviña, adiviñanza... unha vez ledes a adiviñanza debedes seleccionar a imaxe que se corresponde coa resposta correcta. Preme aquí.
Táboas de multiplicar
Bo día!
Hoxe traémosvos un xogo para practicar as táboas de multiplicar!
Meteor Multiplication é un xogo matemático que vos vai axudar a aprender e a practicar as multiplicacións.
Convertirédesvos en naves espaciais cuxa misión é disparar aos meteoritos coa multiplicación correspondente ao resultado que aparece na nave antes de que estes vos alcancen.
Prestade atención e moita sorte!
martes, 5 de maio de 2020
Repasamos a Ortografía!
Bo día!
Que tal estades levando a semana?
Hoxe traémosvos unhas actividades para repasar a ortografía!
Hai 7 categorías de diferentes regras (mp/mb, h, r/rr, ...) e unha mesturada de repaso e 10 actividades por cada apartado. Entre as actividades podemos atopar sudokus de palabras e adiviñanzas.
Un saúdo!
luns, 4 de maio de 2020
Fraccións
Bo día!
Hoxe traémosvos o xogo Pecking Order! É un xogo educativo para que practiquedes o valor numérico con fraccións, porcentaxes e decimais. O obxectivo do xogo é organizar os diferentes paxaros de menor a maior nunha recta numérica o máis rápido posible sen cometer erros.
Unha vez que completedes as 5 rondas, poderedes facer música coa banda de paxaros Bird Band!
Moita sorte!
venres, 1 de maio de 2020
🎬🎥 Fomentando valores 🎥🎬
Bo día,
para este día chuvioso que mellor que unha sesión de cine na casa? 🎬🎥 Deixámosvos un link con diversos cortos para traballar valores como: a tolerancia, a amizade, a cooperación, a diversidade, a humildade, etc. Poñédevos cómodos/as e a desfrutar! 😃 Preme aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.
Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...
-
Bo día! Hoxe toca repasar un pouco inglés. Para facelo, traémosvos este xogo de mesa interactivo e online. É o xogo clásico do dominó que co...
-
Bo día! Última semana do curso! Hoxe traémosvos un xogo para repasar o pasado, presente e futuro dos verbos. O xogo consiste en clasificar o...
-
Bo día! Que tal a fin de semana? Hoxe traémosvos este xogo de matemáticas para traballar o cálculo mental. Sumon é un xogo no que deberedes ...