xoves, 30 de abril de 2020

Concéntrate en 3,2,1...⏳🙇

A piques de rematar abril e tendo unha ponte por diante, xa sabemos, non será moi diferente a estes días 😓 deixámosvos varios links para traballar a atención e a memoria. Son actividades moi sinxelas que podedes facer na casa para poñer a proba as vosa capacidade cognitiva. Animádesvos? 😀

⧫ Formas  e cores: concéntrate e observa a plantilla, memoriza as formas, cores e lugares donde se sitúan cada figura. Logo, noutra plantilla en branco, colócaas tal e como recordes! Esta mesma actividade podedes variala por debuxos, personaxes, letras, números, sílabas, etc... sempre intentando buscar a motivación do/a neno/a. Preme aquí.

⧫ Siluetas: encontra as siluetas que se corresponde co modelo. Ten coidado todos eles son moi similiares! Preme aquí.

⧫ Laberintos secretos: se queres chegar á solución, presta atención ás instrucións que che indican! Preme aquí.

⧫ 5 diferencias: observa os dous debuxos detidamente e encontra as 5 diferencias! Preme aquí.

⧫ Simetría: debuxa os elementos que faltan para que as dúas partes sexan iguais. Preme aquí.

⧫ Sopa de letras: encontra as letras, palabras a partir de definición que che indican, etc. Preme nas seguintes palabras: Letras, Palabras_definición, Sopa_variasSopa_interactiva.

⧫ Mandalas: relaxa a túa mente pintando. Preme aquí.

Discriminación auditiva de fonemas

                       👂👂Discriminamos sons parecidos 👂👂

En ocasións, pode ser complicado distinguir fonemas que teñen un son ou pronunciación similar. Por exemplo:

S-Z             R- L              D-B                ...

O problema é, que o feito de non discriminar ben estes sons de forma auditiva, pode provocar a súa confusión na escritura! Aparecendo as substitucións de letras.

A continuación, vos deixamos varios enlaces con actividades para favorecer a discriminación dos mesmos:


  • Recopilación de materiais para traballar a discriminación de S-Z: Preme aquí
  • Vídeo para a discriminación de S-Z: Preme aquí

  • Listas para a discriminación auditiva de L-R: Preme aquí
  • Fichas para a discriminación de L-R: Preme aquí

  • Recopilación de materiais para traballar a discriminación de B-D: Preme aquí
  • Actividade para a discriminación de B-D: Preme aquí


Articulación do fonema /θ/ - grafema "z" e "c"


A continuación vos deixamos unha proposta de exercicios para traballar a articulación deste fonema  (que comunmente o escoitamos en sílabas como: za, zo, zu, ce, ci):

Para traballar a articulación:

  • Lembramos a posición da lingua para a súa pronunciación:




Xogos: apórtase un link para descargar 12 xogos con este fonema. Preme aquí

Steve and Maggie

Good morning!

Como vedes, seguimos cambiando de idioma! Hoxe traémosvos unha canle de youtube na que poderedes ver distintas historias e cancións en inglés. 

Aprender unha nova lingua non é só estudar o vocabulario e a gramática, senón incorporala a outras partes da nosa vida cotiá. Por este motivo presentámosvos este recurso que vos poderá axudar a aprender inglés dunha maneira divertida e diferente. 
 
Esperamos que vos guste!

https://www.youtube.com/channel/UCx1xhxQyzR4TT6PmXO0khbQ/featured


mércores, 29 de abril de 2020

What time is it?

Good morning!
Cambiamos de idioma! Hoxe traémosvos un xogo para revisar as horas en inglés.
Para xogar deberedes parar o reloxo xusto na hora que se vos di. Estade atentos e moita sorte!

https://teachingtime.co.uk/clock2/clockwordsres.html

martes, 28 de abril de 2020

Divisións 3º - 4º EP

Bo día!
Que tal estades a levar o confinamento?
Xa sabemos que as divisións poden resultar un pouco monótonas. Por este motivo, hoxe traémosvos ás nenas e nenos de 3º e 4º de primaria un xogo para practicar a división de maneira lúdica. 
O obxectivo do xogo é apuntar ás divisións que se corresponden cos resultados que temos na pantalla.
Para xogar empregaderes as flechas do teclado para moveros á dereita e á esquerda e para apuntar poderedes usar o rato ou pulsar a barra espaciadora ou a flecha que sinala cara arriba.


Tamén, se non estades moi seguros de todas as táboas, poderedes seleccionar cales queredes que aparezan nas divisións e a velocidade á que queredes que vaian saíndo as operacións: 


Esperemos que este xogo vos guste e vos axude a repasar as divisións! 
Moita sorte!

https://www.arcademics.com/games/demolition

(Pulsa na imaxe para entrar no xogo)

luns, 27 de abril de 2020

Propoñemos distintos exercicios para traballar as dislalias desde a casa:

  1. Vídeos de praxias bucolinguofaciais (movementos da cara, labios e lingua) para favorecer a mobilidade dos órganos. 👄👅
   
      2. Vídeos de sopro, onde aparecen diferentes actividades e manualidades que podedes facer cos               nenos e nenas con materiais sinxelos. 💨

  • Seis xogos divertidos para traballar o sopro e a respiración en nenos/as: Preme aquí.
  • Como facer un xoguete para practicar o sopro con materiais reciclados: Preme aquí
  • A pelota que flota: Preme aquí
  • Tupper con confeti: Preme aquí
  • Activitea, animais divertidos para o sopro: Preme aquí
  • Para traballar o sopro de forma lúdica: Preme aquí
  • Crea o teu molinillo de vento: 



3. Articulación do fonema /r/.
Especificando na ARTICULACIÓN DO FONEMA /R/ atopamos:
  • Vídeos para a pronunciación correcta do fonema. Preme aquí
  • Aprende a pronunciar o fonema erre vibrante. Preme aquí
  • Tres exercicios para facer vibrar a lingua e producir o sonido do erre. Preme aquí
  • Exercicios previos da erre vibrante múltiple. Preme aqui
  • Exercicios para pronunciar ben o erre coa Dra. Sordo. Preme aquí
  • Repetición de palabras con /r/. Preme aquí e aquí
  • Palabras que comezan por r. Preme aquí
  • Exercicios de articulación de r forte. Preme aquí
Xogos para a pronunciación do R
Neste apartado, déixanse dous xogos. Trátase de dúas ocas con palabras con /r/ forte e suave (unha delas en branco e negro, por se os nenos e nenas a queren pintar) e unha plantilla para xogar a afundir os barcos. Preme aquí.

4. Articulación do fonema /s/.
Para traballar a articulación:

Xogos: apórtase unha oca con palabras con /s/ e unha plantilla para xogar a afundir os barcos: Preme aquí










Ortografía con POPI

POPI


Coñecedes este recurso tan divertido para o repaso da ortografía? 🙌

Trátase dunha aplicación interactiva para a aprendizaxe da mesma a través do xogo. 
De forma lúdica, o alumnado de primaria pode repasar os seus coñecementos das diferentes regras de orografía (dende a sección: Repasar), realizar un conxunto de actividades en torno a estas regras (cada regra ten ata 6 tipos de exercicio diferentes) ou xogar ó parchís ortográfico, no que poden participar ata 4 xogadores simultaneamente.



Podedes acceder ó recurso directamente no seguinte enlace:

Comprensión lectora

Ola!

Por aquí vos deixamos novo material para potenciar a comprensión lectora. 💭
Está orientado para o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria.

Podedes descargar o recurso facendo click: AQUÍ

venres, 24 de abril de 2020

Patios inclusivos

O proxecto de patios inclusivos continúa! Estamos desexando volver para poñelos en práctica. A que te gustaría xogar? Déixao en comentarios!

Números enteiros


Bo día!
Hoxe traémosvos un xogo para as nenas e nenos máis maiores do cole.
Os números enteiros poden ser un pouco liosos, sobre todo ao principio, polo que con este xogo poderedes repasar as súas multiplicacións.
O obxectivo do xogo é gañar unha carreira espacial. Para poder avanzar, deberedes seleccionar a resposta correcta das multiplicacións que aparecen na pantalla. Cantas máis respostas correctas, máis rápido avanzaredes e, polo tanto, máis posibilidades de gañar!
Moita sorte!
https://www.arcademics.com/games/integer-warp

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

📕📖📖📕
Boas!
Feliz día do libro!
Desde o Departamento de Orientación queremos compartir con vós este fermoso conto que trata sobre a inclusión: "Por cuatro esquinitas de nada".
Espero que o desfrutedes.
🔵🔵🔵🔵🔵⬛🔵🔵🔵🔵🔵


mércores, 22 de abril de 2020

APPs para reducir a ansiedade.




Bo día,
Estes días de confinamento podemos sentirnos nalgúns momentos máis nerviosos e intranquilos.
Existen diversas técnicas que nos axudan a afrontar estas situacións, como a respiración controlada,a meditación...
Por ese motivo propoñemos unha selección de APPs con versión gratuíta para traballar a calma e a tranquilidade.

1. PRANA BREATH
Ensina técnicas de respiración. Para descargarla preme aquí.

2. PETIT BAMBOU
Esta app de meditación conta con varias opcións, programas e sons. Tamén cun apartado de ferramentas onde te podes atopar historias.
Para descargala preme aquí.

3. WHITE NOISE.

É unha app de sons relaxantes. Para descargala preme aquí.

Espero que vos sexa de axuda.
👋👋👋👋👋



martes, 21 de abril de 2020

Reto das emocións.

😀😕😖😭😮😴

Aquí está o reto das emocións da semana.
Coñecer as nosas emocións nos axuda a xestionalas, por eso propoñemos este reto: o diario das emocións.
Botádelle un ollo e esperamos que o disfrutedes.
Unha aperta.

Comprendemos o que lemos?

Cando lemos, se non o facemos dun xeito adecuado podemos ter dificultade para obter unha boa comprensión. 📖😕 É por iso que, durante o momento da lectura, debemos prestar atención para reter toda a información necesaria, así como, buscar nun dicionario o significado daquelas palabriñas que descoñecemos. 

Debemos dedicarlle un tempo á lectura no noso día a día e, para aqueles nenos e nenas que non o teñan como hábito, que mellor momento que este? 😀 Animámosvos a coller un libro, conto, pequenas historias ... que vos motiven e ler, dedicádelle 15-20 minutos cada día, pouco a pouco, pero todos os días e logo respondédevos a preguntas como: Quen é o/a protagonista/s? Onde están? Que ocorre? etc.  

A continuación deixámosvos unhas lecturas que van de menor a maior dificultade segundo a idade. Comprendemos todo o que lemos?  Imos a comprobalo! 😃

Primeiro ciclo (1º e 2º de Educación Primaria)

  • Lectura 1. Preme aquí.
  • Lecturas 2. Preme aquí.
  • Lecturas 3. Preme aquí.
  • Lecturas 4. Preme aquí.
  • Lecturas 5. Preme aquí.
  • Lecturas interactivas. Preme aquí.

Segundo ciclo (3º e 4º de Educación Primaria)
  • Lecturas 1. Preme aquí.
  • Lecturas 2. Preme aquí.
  • Lecturas 3. Preme aquí.
  • Lecturas 4. Preme aquí.
  • Lecturas interactivas 5. Preme aquí.

Terceiro ciclo (5º e 6º de Educación Primaria)
  • Lecturas 1. Preme aquí.
  • Lecturas 2. Preme aquí.
  • Lecturas 3. Preme aquí.
  • Lecturas 4. Preme aquí.
  • Lecutras 5. Preme aquí.


Habilidades lingüísticas

Bo día!

Por aquí vos deixamos unha proposta de actividades interactivas destinadas a todos os cursos💻📱 para a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas. 

Tan só tedes que pinchar no seguinte enlace:

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas

luns, 20 de abril de 2020

Guía de afrontamento psicolóxico na cuarentena polo coronavirus.

Bo día.
Estes días de cuarentena poden facerse duros, por iso é importante coidarnos moito, especialmente a nivel emocional.
Aportamos unha guía de afrontamento psicolóxico na cuarentena polo coronavirus, con distintas estratexias para pasar estes días da mellor maneira posible, dirixida aos adultos.
Un forte abrazo.🙋

xoves, 16 de abril de 2020

Matemáticas

Traballando cos números! 💻🔢


Suma ➕, resta ➖, multiplica❌, divide➗, resolve problemas❔ e máis clickando no seguinte enlace. Unha vez realices as operacións comproba o resultado! ✅😉




Apps Educativas



💻📲 APPs educativas 📲💻

Para facer este confinamento o máis ameno posible onde a hora de estudar non sexa unha tarefa árdua, aquí vos deixamos un pdf con máis APPs que seguro vos fan ese momento máis divertido. Nelas podedes traballar diferentes áreas como: atención, memoria, lectura, escritura, números, emocións, orientación espacial e temporal, etc. 

Agardamos que vos gusten! 😃



Preme aquí para descargar! 



Curtas animadas

🎥🎥🎥🎥CURTAS ANIMADAS🎥🎥🎥🎥

Como sabemos que os días de confinamento poden facerse longos, a continuación deixámosvos unha selección de curtas coas que amenizar o rato e... potenciar a comprensión e expresión oral de forma divertida!😉

Unha vez vistos, podedes falar cos vosos fillos/as sobre diversos temas e preguntarlles:

  • Sobre as personaxes.
  • Sobre as emocións que suscitan.
  • Que estás pensando?
  • Ti que farías?
  • Onde están?
  • Que pode pasar despois?
  1. "EL PUENTE": pulsa para ver
  2. "EL REGALO": pulsa para ver
  3. "BIRDS": pulsa para ver
  4. "CAJA DE MONSTRUOS": pulsa para ver
  5. "UN RATÓN EN VENTA": pulsa para ver
  6. "ALIKE": pulsa para ver
  7. "PARTLY CLOUDY": pulsa para ver
  8. "TAMARA": pulsa para ver
  9. "ERIZO": pulsa para ver
  10. "LEMON": pulsa para ver

Habilidades metalingüísticas

Bo día!

Hoxe vimos a deixarvos algunhas actividades para potenciar as habilidades metalingüísticas💭, esenciais para facer uso da linguaxe de forma efectiva, así como de todas as aprendizaxes. De feito, a lectura e escritura precisan destas habilidades para o seu desenvolvemento! Por iso, a continuación tedes varias propostas para practicalas 👌:

Educación Infantil - 1º e 2º de Educación Primaria. Para os máis pequenos, podedes descargar os seguintes documentos, cunha grande variedade de actividades para reforzar estes aspectos:


  • Documento 1. Descarga aquí
  • Documento 2. Descarga aquí


Educación Primaria (todos os cursos). Orientadas a esta etapa, podedes realizar as seguintes actividades:

  • Palabras encadeadas. Descarga aquí
  • Nubes de sílabas. Descarga aquí
  • Adiviña a frase oculta. Descarga aquí
  • Cambia a última palabra. Descarga aquí

luns, 13 de abril de 2020

Estimulación da linguaxe

Bo día!

Neste apartado, faremos diversas propostas para potenciar a expresión oral e comprensión da linguaxe. 👄💭💬

A continuación deixámosvos unha serie de xogos para favorecer estes aspectos de forma lúdica na casa segundo a etapa educativa:


  • EDUCACIÓN INFANTIL:
1. Absurdos visuais. Neste xogo aparecen unhas imaxes que esconden situacións inimaxinables, espertando así o interese de pequenos e grandes. Son ideais para a estimulación da linguaxe. Podedes atopalas aquí.

2. Cambiamos a voz? O obxectivo principal deste xogo é traballar a expresión oral a través do cambio de voz con diferentes personaxes, aínda que tamén é un bo motivador para a lectura. Ademais, podemos facer diferentes xogos como adiviñar películas, contar historias, describir imaxes ou adiviñar que personaxe estou imitando. Descargade o xogo aquí.

3. Contamos contos. Estratexias para traballar a expresión oral a través dos contos empregando conectores e apoios visuais. Preme aquí.

  • 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
1. Tarxetas de adiviñas. Cas adiviñas traballamos a memoria, potenciamos o exercicio mental e fomentamos a imaxinación. Tamén poñemos en marcha a intelixencia lingüística coa expresión oral, traballamos a rima e aprendemos aspectos relacionados coa linguaxe literaria e sobre as súas estruturas. Podes descargalas pinchando aquí.

2. Descricións. Material composto de 40 tarxetas con pictogramas de obxectos diferentes, acompañadas de 3 preguntas: "Que é?", "Para que serve?" e "Como se emprega?". Ademais de poñer en práctica a expresión e comprensión oral, tamén poderemos traballar o léxico e a súa categorización. Preme aquí.

3. Dados para contar historias. Dados para crear as nosas historias. Na rede hai moitos recursos deste tipo, pero aquí vos deixamos un exemplo para crear os vosos. Tírase o dado por quendas e xuntos inventamos unha historia incrible. Descarga o recurso aquí.

  • 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Tabú. Clásico xogo de mesa do Tabú, que pretende axudar a mellorar a expresión e interacción oral do alumnado. As tarxetas azuis conteñen léxico sinxelo e as rosas léxico algo máis complexo. Para descargar, preme aquí.

2. Quen é quen? Adaptación do clásico xogo, con taboleiros diferentes e máis divertidos. Preme aquí.

3. Que pensas? Tarxetas con descricións, gustos, emocións, preferencias e opinións dunha forma lúdica. Consegue o recurso aquí.

  • 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Panel para falar sobre nós mesmos. Con este taboleiro e uns dados coñecerédesvos moito mellor en familia. Fai preguntas e contesta por quendas! Preme aquí para descargar.

2. Tarxetas de habilidades sociais. Consiste nunha serie de tarxetas que presentarán diferentes situacións para responder á pregunta: Que temos que facer? Descarga aquí.

3. Mímica. Os xogos de mímica son para todas as idades. Aquí tedes algunhas propostas para xogar co corpo e as palabras. Preme aquí.


A DIVERTIRSE! 😊

xoves, 9 de abril de 2020

🎲🎲🏃🏃💒💒
Un xogo xenial para que os peque@s da casa fagan deporte:

martes, 7 de abril de 2020

Nova actividade para traballar o sopro.


ACTIVIDADE PARA TRABALLAR O SOPRO
💨💨💨💨💨💨💨💨💨

Con esta actividade imos traballar:
  1. A motricidade fina.
  2. O sopro.
  3. A lectura.
  4. A planificación.
Botade un ollo:

venres, 3 de abril de 2020

Adiviñanza

CORONAENREDOS

Bo día:
Hoxe estamos coas adiviñanzas, estas son para os máis maiores, para darlle voltas á cabeza.
Ahí vai:

Un conductor de autobús baixa por unha rúa en sentido contrario e sáltase un "stop". Crúzase cun coche de policía e non o detén. Por que?
👮

Deixa a túa resposta en comentarios.
Mañá daremos a solución.
Bo día:
Xa temos as primeiras imaxes da campaña "Podo aprender, podo traballar".
Ao longo do mes de abril iremos subindo as fotos que nos mandedes.
Animádevos. 💙🌈



xoves, 2 de abril de 2020

Bo día! Mirade que xogo de adiviñanzas tan divertido de aulapt.org! Recomendado para alumnado de 1º,2º e 3º de educación primaria. Desfrutádeo.

Día Mundial de concienciación sobre o autismo.

💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙
Bo día!
Hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Cada ano, o 2 de abril, o movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, pon en marcha unha campaña de concienciación para visibilizar a realidade do colectivo, as súas necesidades e as súas capacidades.
Queredes participar na campaña?

É moi sinxelo,
Elixe unha ferramenta que represente unhas das túas habilidades e suxétaa coa man, fai unha foto e se queres que a vexamos no blog mándaa a seguinte dirección de correo: coronaenredos@gmail.com
Por tema de protección de datos non se poden publicar as caras dos nenos/as e dos papás e mamás que se sumen a iniciativa, pero pon o teu nome no correo electrónico e escribirémolo no blog.
Animádevos!
💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙

mércores, 1 de abril de 2020

Dislalias

Bo día:
Xa podedes acceder no apartado de dislalias a distintos exercicios de praxias 👄👅, de sopro 💨 e de articulación dos fonemas /r/ e /s/.
Esperamos que vos sexan de utilidade.
#euquedonacasa🌈

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Bo día!
Sabemos que estes días poden ser difíciles de afrontar, polo que os queremos dar unha aportación feita polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para sobrelevar o mellor posible esta situación.

Repaso lingua castelá de 3º a 6º de EP.

Bo día: Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP que desexe repasar os contidos de lingua castelá de forma interactiva, elaboramos os segui...